Parques eolicos
Lamentamos a aprovacion do novo concurso eólico pola Xunta de Galicia :
1/ Un plan totalmente excesivo
2/ Non está sometido a estudos de impacto ambiental
3/ Apróbase sen garantias de concesion “imparcial”
Pero ademais, os polígonos eólicos non só degradan a paisaxe, tamén se necesita construír unha estrada (sen asfaltar pero estrada) ata cada un dos aeroxeradores. Estas estradas deben ser moi amplas, compactadas e coas curvas con moito radio, xa que deben pasar por elas guindastres de ata 500 Tm., para montar cada aeroxerador. Estas estradas constrúense no alto das serras, serras que ata ese momento permanecían esquecidas ……….A nosa paisaxe é parte de nós, é parte da nosa historia, das nosas raíces, e tamén do noso futuro. Non debemos permitir que as nosas serras, o último reduto de natureza que deixamos na provincia, véxanse transformadas en polígonos industriais.
EucaliptosNON sumase a denuncia da destrucion que esta a sufrir uns dos lugares emblematicos de Galiza O Caurel este Parque E, instalarase a 2 quilómetro das terras de Teixeira do Courel Os aeroventos estaran situados a mais 1000 metros de altura media polo que seran vistos dende centos de kilometros Cremos que é dificil que exista un exemplo mas claro de impacto visual que iste .
| Imprimir